lunes, 22 de diciembre de 2008

A CONSELLEIRA DE POLÍTICA TERRITORIAL GARDA UN SILENCIO CÓMPLICE SOBRE OS CONTRATOS POLÍTICOS EFECTUADOS POR ABEL CABALLERO NO PORTO DE VIGO

O PPdeG pregunta a Caride sobre a veracidade da relación de familiares de cargos do PSOE contratados no Porto de Vigo e divulgada polos medios de comunicación

A Xunta négase informar sobre o contido dos expedientes de subvención destes contratos

A Intervención Xeral do Estado afirmou que o incremento de persoal efectuado por Abel Caballero podería dificultar o funcionamento do Porto

A conselleira de Política Territorial, María José Caride, gardou, no Parlamento, un silencio cómplice en relación coas persoas vinculadas ao PSOE vigués e contratadas por Abel Caballero, cando era presidente da Autoridade Portuaria, para traballar nesa entidade.

Ao responder, esta noite, a unha pregunta do PPdeG sobre os contratos efectuados por Abel Caballero desde o Porto de Vigo, a conselleira de Política Territorial negouse a identificar aos beneficiarios. O deputado popular Ignacio López-Chaves preguntou á conselleira se era certo que entre as persoas contratadas pola Autoridade Portuaria figuraba algún concelleiro do PSOE dun municipio próximo a Vigo; se nesa relación figuraban netos de ex senadores do PSOE, sobriños dun secretario de Estado, parentes dun delegado da Xunta, así como vellos e novos afliados do PSOE. Ricardo Varela tamén evitou responder se foron contratados fillos de concelleiras do PSOE en Vigo.

A pesar das insistentes peticións do Grupo Popular, a conselleira negouse tamén a informar sobre o contido dos expediente das subvencións outorgadas pola Xunta á Autoridade Portuaria para financiar esas contratacións, malia que tales documentos deberían conservarse nos arquivos da Administración autonómica.

A Xunta de Galicia financiou, durante 2007, a contratación de 73 persoas por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, a pesar de que a Intervención Xeral do Estado, na súa auditoría do ano 2006, xa puxera en dúbida esa ampliación do cadro de persoal, advertindo que, de materializarse, “incluso podería chegar a dificultar o seu funcionamento” (páxina 14 da auditoría).

“Estamos ante unha mentira máis sobre a utilización partidista do Porto de Vigo e por iso o presidente da institución se nega a facilitar copia dos contratos, que oculta ao Parlamento de Galicia e ao Congreso dos Deputados”, afirmou López-Chaves. O deputado popular recorda o cambio de criterio operado no Porto de Vigo en relación con este asunto, xa que mentres nun primeiro momento afirmou que entregaría copia dese contratos ao PPdeG, unha semana despois dese anuncio negouse a facilitar tal documentación.

viernes, 19 de diciembre de 2008

“A XOIA DA COROA DO GOBERNO GALEGO TEN QUE PEDIR DISCULPAS POR ESTE PERÍODO DE INUTILIDADE, INEPTITUDE E A UTILIZACIÓN DO PODER DE XEITO PARTIDARIO”

“Para o PSOE as autovías e o AVE sempre remataron en Valladolid e cando a Sra. Magdalena Álvarez chegou ao goberno o capítulo de inversión dos presupostos representaba 2,02% do PIB e agora descendeu ata o 1,58 (ano 2007)”

“Nos se pode xerar confianza nun país cando mais de 376 kilómetros acumulan un retraso medio de 27.7 meses o que supón un investimento superior aos 1000 millón de euros”

O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular Gómez Alonso indicou hoxe no Parlamento que a Conselleira de Política Territorial compareceu para “facerlle un lavado de cara ao bigoberno no tocante á política de infraestruturas erixíndose a xoia da coroa do goberno galego pero o que debería facer é pedir perdón por estes catro anos que pasarán a historia como un período de inutilidade, ineptitude, inxustiza e da utilización do poder de xeito partidario”.

Para o deputado popular a dilapación do traballo dos gobernos populares tivo lugar porque “para o PSOE as autovías e o AVE sempre remataron en Valladolid”. Indicou que cando a Ministra de Fomento chegou ao goberno o capítulo de inversión representaba o 2,02% do PIB (2004) e agora descendeu ata o 1,58% (2007). “De terse mantido o ritmo inversor dos gobernos do PP tódalas actuacións en materia de autoestradas, autovías e en alta velocidade ferrorivaria atoparíanse en servizo no ano 2010, incluídas as infraestruturas galegas ”.


RETRASO DE PRETO DE 28 MESES EN MAIS DE 376 KMS


Gómez Alonso indicou na súa intervención que non se pode xerar confianza nun país cando mais de 376 kilómetros acumulan un retraso medio de 27.7 meses o que supón un investimento superior aos 1000 millóns de euros:



Para o deputado popular os orzamentos carecen de credibilidade xá que a maior parte dos investimentos quedan adiados para o ano 2010 e seguintes e ao remate desta lexislatura tan só haberá 142,6 km de vías de alta capacidade en servizo de proxectos que o PPdeG deixou licitados ou en obras no ano 2005.Deste xeito nomeou a autoestrada de Santo Domingo-Ourense (licitada no 2005), autovía do Salnés (adxudicada no 2005), autovía Santiago-Brión (adxudicada no 2005), autovía Santiago-Ponteveda (no 2005 en obras en dúas fases), Nadela-Sarria (no 2005 en obras) e autovía do Barbanza (no 2005 pendente de execución).


O ULTIMO ANO DO PPDEG MOSTRA A INCAPACIDADE DE CARIDE

O deputado popular indicou que no derradeito orzamento da etapa de Núñez Feijoo ao fronte da Consellería de Política Territorial o programa de estradas incrementouse nun 166% respecto dos dous anos anteriores. Este incremento permitía licitar ou executar 196,9 km de autovías e autoestradas, 258,5 km de vías rápidas ou corredores (incluídos os 27 de Sarria-Nadela) e 652,6 km de estradas convencionais.

“O que fixo a Sra. Caride con esa herdanza foi dilapidala, paralizalo todo e retrasalo todo e pasará a historia como a mellor contadora de contos orzamentarios e a peor conselleira de infraestruturas de Galicia” indicou Gómez Alonso.

O deputado popular preguntouse como pode anunciar que vai dinamizar a economía galega a través da licitación de obra pública se os orzamentos que se aprobaron onte o crecemento dos investimentos foi o mais baixo e medra 4 veces menos que nos últimos orzamentos do PPdeG (6,13% fronte a 28,3%). Engadiu que pouca confianza poden xerar uns orzamentos onde o 20% das súas partidas están sen concretar, é dicir, son xenéricas, reflexando tamén unha falla de transparencia e rigor.

SEN INVESTIR 14.200 MILLÓNS EUROS NA PASADA LEXISLATURA

Gómez Alonso indicou que na pasada lexislatura no Estado deixáronse de investir 14200 millóns de euros en infraestruturas, o equivalente a un ano enteiro de inversión e a 340.000 empregos directos na construción. Así en Galicia os prazos anunciados e comprometidos no Plan Galicia estábanse a cumprir:


Autovía do Cantábrico: tres treitos xa estaban en execución, 6 treitos en redacción de proxecto e os 5 restantes en licitación de proxecto

As autovías de conexión co aeroporto de Santiago e o Porto da Coruña estaban xa en execución

Nas autovías Santiago-Lugo e Ourense-Lugo tiñan rematado o trámite de información pública

As novas autovías Pontevedra A-52 e Chantada-Monforte estaban en redacción do estudio informativo

As obras do Porto Exterior estaban licitadas no BOE do 25/2/2004

Ante esto o que fixo Magdalena Álvarez no seu primeiro ano da lexislatura socialista foi que as licitacións e as adxudicacións de Fomento en Galicia tan só supuñan o 1% do total e o 99% restante destinouse o Levante, Andalucía e Cataluña e comprometía cofinanciación do metro de Sevilla, Málaga e Granada. “O importe total das paralizacións superaba xa os 323 millóns de euros sepultando o Plan Galicia, o AVE e as autovías galegas matando todas as esperanzas de desenvolvemento económico a curto prazo desta terra” indicou Gómez Alonso.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

O PPdeG DENUNCIA QUE OS ORZAMENTOS POLÍTICA TERRITORIAL DE 2009, “NON SON MÁIS CA CONTOS” QUE RETRASAN ATA 2012 A MAIOR PARTE DAS OBRAS PREVISTAS

•O Grupo Popular insta a Quintana explicar cómo pretende afrontar o rescate da concesión da AP-9 e recorda que BNG e PSOE rexeitaron a proposta do PPdeG para que a Comunidade Autónoma asumise a titularidade da autoestrada

•Esixe a Caride que explique se é certo que Vigo non vai dispoñer de AVE por Cerdedo, como ten desvelado a Asociación de peritos e enxeñeiros de Galicia citando fontes das obras

•O 20% das partidas presupostarias de Política Territorial teñen carácter xenérico, sen concretar o seu destino final

•O PPdeG formulou emendas valoradas en 206,4 millóns de euros para mellorar os presupostos de Política Territorial de 2009, pero foron rexeitadas pola intransixencia do bipartito

•As principais demandas do PPdeG céntranse en mellorar as comunicacións ferroviarias, impulsar os proxectos de metro lixeiro da Coruña, Vigo e Santiago, establecer un fondo de compensación de peaxes e mellora a seguridade viaria con medidas como a instalación de biondas de dobre protección para motoristas

“As súas contas non son máis ca contos, pero contos cada vez peor contados que lle están a xerar problemas en moitos puntos do territorio galego”. Esta foi a conclusión do portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, no debate final dos orzamentos da Consellería de Política Territorial, este mediodía no Parlamento, onde cuestionou que a Xunta retrase ata o ano 2012 e seguintes o remate da maior parte das obras públicas que están en execución en Galicia neste momento.

Para o deputado popular, os debatidos hoxe serán os últimos presupostos elaborados por María José Caride e o seu equipo, aos que reprochou que teñan feito desaparecer o Plan de Infraestruturas do Transporte (PITGAL) das contas públicas autonómicas de 2009, que non consignan as partidas precisas para rematalo, “seguramente porque nunca se escomezou”.

QUINTANA DEBE EXPLICARSE

O voceiro de Infraaestructuras do Grupo Popular instou a Quintana explicar cómo pretende afrontar o rescate da concesión da AP-9, anunciado onte, e acusou aos nacionalistas de promover unha proposta contraditoria. Gómez Alonso recordou que tanto PSOE como BNG rexeitaron, na actual lexislatura, a proposta do PPdeG para que a Comunidade Autónoma asumise a titularidade das autoestradas que discorren por territorio galego.

De terse materializado a iniciativa do PPdeG, a Xunta podería ter influído na recente adquisición efectuada por Citigroup, condicionando a operación á ampliación de Rande e dos tramos máis saturados da principal autoestrada de Galicia.

¿QUEDARÁ VIGO SEN AVE POR CERDEDO?

Na mesma intervención, Gómez Alonso recordou que a Asociación profesional de peritos e enxeñeiros de Galicia ten advertido recentemente que a conexión de Vigo con Madrid por AVE se efectuará a través de Santiago, e non antes do ano 2013. Alertan tamén, citando fontes de profesionais que traballan nas obras, que a día de hoxe, non existen garantías de que a conexión directa Vigo-Ourense, por Cerdedo, se vaia construír nun horizonte inmediato.

Ante a gravidade desas afirmacións, Gómez Alonso instou á conselleira a confirmar ou desmentir tales informacións, dado que privar a Vigo do AVE por Cercedo sitúa á cidade nun escenario pouco competitivo.

CONTRADICCIÓN CO PLAN VIGO ÍNTEGRA

Confuso é tamén o tratamento presupostario que recibe o tan cuestionado Plan Vigo Íntegra, que malia ser defendido contra vento e marea pola conselleira Caride, tan só conta con partidas valoradas en 12,4 millóns de euros, malia que, para cumprir as previsións oficiais, precisaría dunha achega conxunta da Xunta e de Fomento de 166 M€ en 2009. Os datos revelan que a Xunta orzamentou un 90% menos do acordado inicialmente.

Os incumprimentos esténdense a todos os ámbitos nos que Política Territorial ten competencias. Para o Plan de Seguridade Viaria 2006-2010, cunha previsión inicial de investimento de 2.800M€, Política Territorial consigna só o 6,4% da partida que lle correspondería no vindeiro exercicio. Para superar esas carencias, o PPdeG formulou emendas por valor de 18,2 millóns de euros, dos que 14,3M€ irían destinados á instalación de elementos de protección para motoristas –dobres biondas- na rede viaria galega.

O deputado popular tamén cuestionou que, nun escenario de crise económica como o actual, no que a obra pública pode reactivar a economía, os investimentos de Política Territorial de 2009 medran tan só un modesto 3,3%, mentres que os gastos de persoal dese departamento se incrementan nun 14,81% desde 2006.

A credibilidade dos orzamentos de Política Territorial tamén queda en entredito polo feito de que o 20% das partidas figuran de xeito xenérico, sen concretar o seu destino final.

RETRASOS NAS OBRAS PÚBLICAS

Respecto á xestión da Consellería, Gómez Alonso preguntou qué confianza pode xerar Política Territorial cando os máis de 376 quilómetros de vías públicas en execución acumulan un retraso medio de 27,7 meses, o que significa que a inmensa maioría dos proxectos que se atopan en fase de construción non rematarán, no mellor dos casos, ata o ano 2012 e seguintes.

“A conclusión é ben clara: a nosa rede viaria segue estancada; os nosos grandes proxectos construtivos atópanse retrasados ou paralizados: Señora Caride: malgastou a herdanza do Partido Popular”, concluíu Gómez Alonso.

SEN ATENCIÓN A ASPECTOS ESENCIAIS

Malia as notables carencias dos orzamentos de Política Territorial do ano 2009, que non dedican a atención necesaria a aspectos esenciais como a execución das grandes obras públicas pendentes, a seguridade viaria, o impulso do transporte marítimo, metropolitano e ferroviario, o apoio aos concellos en materia urbanística ou as obras precisas para un axeitado acondicionamento e mellora da rede de estradas de titularidade autónoma, o Bipartito fixo caso omiso das emendas formuladas polo PPdeG coa intención de corrixir esas carencias e que, no seu conxunto, suporían partidas adicionais por valor de 206,4 millóns de euros.


De seguido, acompáñase un resumo dos grupo de emendas formuladas polo grupo Popular:


Concepto Incremento proposto (€)

• Impulso das grandes Infraestruturas 81.300.000
• Fondo de Compensación de peaxes 10.000.000
• Plans sectoriais e mellora da mobilidade 1.825.000
• Proxectos metro lixeiro A Coruña, Vigo e Santiago 1.684.546
• Transporte marítimo e metropolitano 6.600.000
• Impulso do transporte ferroviario 9.500.000
• Portos de Galicia 11.899.899
• Apio aos concellos en materia de urbanismo 1.831.001
• Obras en materia de urbanismo 1.800.000
• Estudos e proxectos urbanismo 1.060.000
• Estudos e proxectos en materia de estradas 4.181.000
• Obras de urbanización e humanización 11.280.000
• Mellora da Seguridade vial 18.250.000
• Acondicionamento e mellora da rede viaria 44.251.546

viernes, 12 de diciembre de 2008

O PPdeG SINALA QUE PARA REMATAR AS OBRAS AO EIXO ATLÁNTICO E COMPLETAR O AVE CON MADRID AÍNDA RESTAN POR CONSIGNAR 5.300 MILLÓNS DE EUROS

•A Memoria económica do ADIF acredita as reiteradas denuncias efectuadas polo PPdeG para poñer de manifesto que o Goberno central non executa os presupostos destinados á obra pública en Galicia

•Gómez Alonso acusa a Touriño de padecer un “síndrome de inferioridade” que lle impide enfrontarse á ministra de Fomento en defensa do AVE galego


Rematar as obras ao Eixo Atlántico de Alta velocidade e executar a conexión desta vía con Madrid a través do AVE require aínda un investimento adicional de 5.375 millóns de euros, segundo os cálculos efectuados polo PPdeG.

Alejandro Gómez Alonso, voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, á vista destes datos, e tendo en conta os escasos orzamentos consignados cada ano por Fomento a estas obras e a baixa execución destes presupostos, conclúe que resulta imposible que se cumpran as promesas oficiais de rematar as obras do AVE galego ano 2012.

MOITOS TRAMOS SEN INICIAR AS OBRAS SIQUERA

O deputado popular apunta que tan só as obras sen iniciar para conectar a Galicia coa Meseta a través do AVE necesitan dun investimento de 4.401 millóns de euros, cos que financiar as conexións Ourense-Vigo por Cercedo, Lubián-Ourense e Zamora-Lubián, como pode comprobarse no cadro que se axunta.

Simultaneamente, rematar as obras do AVE do Eixo Atlántico precisa aínda dun esforzo investidor adicional cifrado en 974 millóns de euros. Con esta suma, haberá que executar o enlace entre Vigo e a Fronteira portuguesa, pero tamén as conexións Uxes-Betanzos e Betanzos-Ferrol, todas elas sen iniciar sequera.


LIÑA MADRID-GALICIA (94.7 KM EN OBRAS)
(MADRID-OURENSE/ OURENSE-SANTIAGO/ OURENSE-VIGO)
LONXITUDE: 472.8 KM
CUSTE: 6.986 M€.

TREITOS EN OBRAS/ INVESTIMENTO TOTAL:
Ourense-Santiago: 85,3 km/ 1841 M€
Olmedo-Zamora: 92 km/ 708 M€

TREITOS SEN INCIAR/ CUSTE-INVESTIMENTO:
Ourense-Vigo por Cerdedo: 59,6 km/ 1456 M€
Lubian-Ourense: 104 km/ 1800 M€
Zamora-Lubian: 130 km/ 1145 M€

TOTAL: 293.6 km/ 4401 M€

LIÑA EIXO ATLANTICO
LONXITUDE: 237,7 KM
CUSTE: 2.802 M€.

TREITOS EN OBRAS/ INVESTIMENTO TOTAL:
Vigo-Pontevedra: 27,7 km/ 505 M€
Pontevedra-Santiago: 67,1 km/ 848 M€
Santiago- A Coruña: 64,1 km/ 640 M€

TREITOS SEN INICIAR/ CUSTE-INVESTIMENTO:
Frontera Portugal-Vigo: 24 km/ 394 M€
Uxes-Betanzos: 21,3 km/ 220 M€
Betanzos-Ferrol: 36 km/ 360 M€

TOTAL: 81.3 km/ 974 M€
INVESTIMENTO TOTAL PRECISO: 5.315 M€


O ADIF CONFIRMA AS DENUNCIAS DO PPdeG

Simultaneamente, Gómez Alonso agrega que a memoria económica do ADIF de 2007, unha publicación oficial, acredita a denuncia que o PPdeG leva moito tempo denunciando: que o Goberno central non executa os orzamentos que programa para Galicia. Ata tal punto foi así que na pasada lexislatura, o Executivo de Zapatero desviou a outras comunidades arredor de 2.000 millóns de euros presupostados inicialmente para Galicia.

Cómpre, polo tanto, en opinión do PPdeG, un compromiso expreso do Goberno central para que invista en Galicia ata o último céntimo das cifras presupostadas e de non facelo no correspondente exercicio orzamentario, que esa cantidade se acumule ao ano seguinte. “De pouco nos sirve que nos asignen cifras millonarias se despois se destinan a outras Comunidades”, lamenta o deputado popular.

“A pasividade e a compracencia do señor Touriño, afectado por un síndrome de inferioridade ante a ministra de Fomento, ten moito que ver con esta situación, xa que non é capaz de defender e conseguir os recursos que precisa o AVE galego”, conclúe Gómez Alonso.

jueves, 27 de noviembre de 2008

“ESTAMOS ASISTINDO A DICTADURA DO TRAZADO NA CONEXIÓN DA A-57 CON VIGO PEINADOR NA QUE A CONSELLERÍA IMPÓN AS SÚAS DIRECTRICES EN CONTRA DA MAIORIA"

•O deputado do PPdeG leu un comunicado dos veciños nos que piden a Xunta que actúe con sensatez e sentido común e deixen a prepotencia e a soberbia a un lado e os escoiten
•Gómez Alonso afirmou que co Plan Vigo Integra se condena aos veciños a indefensión mais absoluta xa que os terreos xa quedarían afectados con independencia de que se faga ou non o ramal
•Defendeu a alternativa 11 por ser a que menos afeccións e prexuízos produce

O deputado popular Gómez Alonso criticou hoxe no Parlamento a “ditadura dos trazados da Consellería de Política Territorial” xa que impón as súas directrices en contra da maioría na conexión da A-57 con Vigo Peinador. Gómez Alonso indicou que non se explica porque das 14 alternativas do ramal se escolle a peor, a máis longa, de maior impacto ambiental e mais cara, e pesares de contar coa oposición dos tres grupos municipais de Pontevedra e Sotomaior e do grupo do PP de Redondela.

O PPdeG defendeu a alternativa 11 do estudio informativo “pola redución das afeccións e prexuízos, e que conecta a A-57 partindo de Pazos de Borben-Os Valos (Mos)-Peinador, pero modificando o trazado que discorre pola parroquia de Vilar”. Para Gómez Alonso a elección do trazado proposto por Fomento afecta a 4 parroquias de Redondela, 114 edificacións e ten un sobrecuste de 100 millóns de euros sobre a proposta que defende o PPdeG.

Para Gómez Alonso o talante ditatorial da responsable da Consellería a leva a non recibir aos veciños para escoitar as súas demandas. Así o deputado popular fíxose eco dun comunicado redactado por estos nas que solicitaban sensatez e sentido común e que o goberno deixe de actuar con prepotencia e soberbia.

Segundo o deputado popular a situación é lamentable e insostible xa que co Plan Vigo Integra se condena aos veciños a indefensión mais absoluta “xa que aínda non se resolveron as alegacións do trazado do ramal pero co Plan os terreos, fincas e casas de tres concellos de Pontevedra, xa quedarían afectados urbanísticamente con independencia de que se faga ou non o ramal”.

O PPdeG RECLAMA QUE SE REVISE A SEGURIDADE DA AUTOVÍA DA BARBANZA ANTES DA INAUGURACIÓN E PIDE VALLAS DE SEGURIDADE EN TODOS OS PASOS ELEVADOS

O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, insta á Xunta de Galicia a revisar todos os equipamentos de seguridade da nova autovía da Barbanza como paso previo á súa inauguración, despois do recente lanzamento dunha pedra, desde un paso elevado, á altura de Dodro, que acabou impactando sobre un vehículo que circulaba en dirección Rianxo.

Para evitar que sucesos deste tipo volvan repetirse, o PPdeG esixe á Xunta que instale vallas metálicas en todos os pasos elevados existentes sobre a autovía, similares aos que xa existían nos viadutos que cruzaban a anterior vía rápida da Barbanza.

“Blindar a autovía fronte á acción de gamberros e delincuentes que podan ter a tentación de poñer en risco a vida dos usuarios da autovía debe ser unha actuación prioritaria do Executivo bipartito”, apunta o voceiro do Grupo Parlamentario Popular.

Nesta liña Ruiz Rivas tamén advirte que o valado metálico instalado ao carón do trazado da autovía presenta puntos débiles que poden permitir o acceso de animais salvaxes á calzada, cos conseguintes riscos para os condutores. Tamén neste caso, o PPdeG insta á Xunta a revisar todo o valado e corrixir as deficiencias que podan detectarse.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

PSOE E BNG FAN USO DA SÚA PREPOTENCIA HABITUAL,DAN AS COSTAS AOS VECIÑOS AFECTADOS E NÉGANSE A APOIAR A RETIRADA DO PLAN VIGO ÍNTEGRA PROPOSTA POLO PP

•Reitera o compromiso de Feijóo de retirar o Plan Vigo Íntegra e facer un novo plan viario metropolitano

•Gómez Alonso topouse coa intransixencia dos socios do bipartito, empeñados en materializar un plan que contempla disparates como o carril-bici entre Vigo e Nigrán ou a variante de Ponteareas

•O equipo de Caride deseñou unha vía de alta capacidade para conectar Gondomar con Tomiño, que contan cunha estrada pola que só transitan 1.500 vehículos diarios, mentres non prevé mellora algunha para enlazar Gondomar e A Ramallosa, pola que circulan cada día 14.000 vehículos

Os deputados do PPdeG e do BNG no Parlamento de Galicia retomaron hoxe a prepotencia e o sectarismo que caracterizan o seu comportamento político e volveron dar as costas aos veciños afectados polo Plan Vigo Íntegra promovido pola Xunta e rexeitaron, no Pleno do Parlamento, unha moción na que o PPdeG reclamaba a retirada desa iniciativa como paso previo á elaboración dun novo documento xurdido do diálogo e do consenso, para superar a elevada contestación social da proposta actual.

A proposta do PPdeG foi defendida polo voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, que considera que o Plan Vigo Íntegra foi concibido como unha “chapuza” que pivota sobre 14 actuacións sen sentido que deben ser reconsideradas. Advertiu que, unha vez sexa aprobado definitivamente, todos os viais recollidos no Plan Vigo Íntegra quedarán incorporados á ordenación urbanística dos concellos, cos conseguintes prexuízos para os propietarios de vivendas e instalacións que van quedar afectadas.

Gómez Alonso reiterou, na súa intervención, o compromiso do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de retirar o Plan Vigo Íntegra e facer un novo plan viario metropolitano

PROXECTOS SEN SENTIDO

Gómez Alonso instou, sen éxito, a socialistas e nacionalistas a votar a favor da anulación, en Gondomar, da vía de alta capacidade con Tomiño, a circunvalación de Gondomar (afectará a 50 familias e deséñase a partir dunha cartografía de 1995, completamente anticuada) e a variante de Vincios. Esta reclamación foi apoiada por unanimidade polo Pleno do Concello de Gondomar por entender que se trata de proxectos innecesarios.

En Tomiño, a vía de alta capacidade con Gondomar atravesaría 5 parroquias (Vilaza, Chain, Morgadáns, Peiteiros e Couso), desintegrando 8 núcleos de poboación e afectando directamente a máis de medio cento de vivendas. O actual enlace viario entre Gondomar e Tomiño rexistra un tránsito de pouco máis de 1.500 vehículos diarios, que non xustifica a construción dunha vía de alta capacidade. Pola contra, para a estrada que comunica Gondomar coa Ramallosa, pola que transitan 14.000 vehículos diarios, a Xunta non contempla mellora algunha, o que deixa en evidencia as carencias de Política Territorial.

Gómez Alonso tamén se referiu á necesidade de reformular e consensuar cos veciños a variante de Ponteareas, que co seu deseño actual afecta ás parroquias de Arcos, Fontenla e Angoares. O proxecto parte dunha cartografía anticuada e dun avance de PXOM que non foi aprobado. A chapuza complétase cun plano que non contempla o parque empresarial do Val do Tea e un proxecto que non prevé conectar coa A-52 ningún dos dous polígonos que están en trámite en Ponteareas neste momento.

CARRIL-BICI

Os populares galegos reclaman, ademais, a anulación do proxectado carril-bici entre Vigo e A Ramallosa, un proxecto aberrante e inservible que resulta prexudicial para o concello de Nigrán. Afectará a máis 791 parcelas, danando a particulares e empresas.

A Xunta xustifica esta actuación argumentando que vai incrementar a seguridade viaria, pero obvia que a estrada paralela rebasará, con 28.000 vehículos/día, o seu grao de saturación. Ademais, Gómez Alonso preguntou qué sentido ten construír un carril-bici que terá que atravesar máis de 60 enlaces. “¿Vai executar pasos elevado ou inferiores para superar estes obstáculos?”, preguntou o deputado popular.

ELEVADA AFECCIÓN EN REDONDELA E MOS

Como exemplo, o PPdeG aposta pola alternativa 11 para a conexión da futura autovía A-57 (Pontevedra-O Confurco) co Aeroporto de Peinador, en lugar da denominada alternativa 5, escollida pola Xunta e Fomento, malia que provoca unha elevada afectación de vivendas e outras construcións nas parroquias redondeláns de Cesantes, O Viso e Redondela.

Da prevista autovía Vigo-Porriño, o PPdeG cuestiona que con ela, o 28% do territorio do concello de Mos quede afectado por infraestruturas, ademais de supoñer unha alternativa inviable, que introduce o tráfico no centro da cidade de Vigo, complicando aínda máis a xa difícil accesibilidade desta urbe.

O Pleno de hoxe tamén serviu para que volvese aflorar, unha vez máis, a incoherencia do BNG, por apoiar en Santiago un plan que rexeitou nos diferentes concellos afectados da área de Vigo, como Tomiño, Ponteareas ou Gondomar, entre outros. Unha vez máis, os nacionalistas optaron por dar as costas aos afectados a cambio de manter a alianza co PSOE e apoiar os proxectos da conselleira Caride.